Encontran morto no interior dun vehículo un veciño de Narón de 36 anos

Descartan que se trate dunha morte violenta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2023 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

Un home de 36 anos de idade e veciño de Narón foi localizado sen vida á primeira hora da mañá deste martes, 18 de abril, no interior dun vehículo que estaba estacionado na rúa Hernán Cortés, no barrio da Solaina. Segundo detallaron fontes consultadas por Europa Press, o home levaba dous días pernotado no vehículo.

Á zona desprazáronse axentes da Policía Xudicial pertencentes á comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón, ademais dos profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón. Tamén acudiron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que finalmente non interviñeron.

Posteriormente, unha comisión xudicial desprazouse á zona e autorizou o levantamento do cadáver para o seu traslado nun furgón fúnebre ao Hospital Naval de Ferrol, onde se lle practicará a autopsia que determinará as causas do falecemento, aínda que fontes consultadas descartaron unha morte violenta.

Lugar no que foi achado sen vida un veciño de 36 anos de Narón (A Coruña)
Lugar no que foi achado sen vida un veciño de 36 anos de Narón (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta