A Xunta permitirá o aceso en tres quendas ao illote de Areoso

Serán entre 100 e 150 visitantes diarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A Xunta, o Clúster Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (Agetan) mantiveron unha reunión na que sinalaron a "idoneidade" de permitir tres quendas diarias de acceso ao arquipélago dos Guidoiros, que forma parte illote do Areoso.

Segundo trasladou a Xunta este mércores nun comunicado, o Goberno galego trasladou que "concretará co sector turístico os horarios de acceso", co obxectivo de "garantir o equilibrio entre a protección dos valores e o aproveitamento público deste espazo natural".

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, incidiu en que "o incremento en tempada alta de 100 a 150 os visitantes diarios permitidos no Areoso segue os mesmos criterios que se aplican no acceso a outros espazos naturais". Así, puxo por exemplo, o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Con todo, o tañamo dunha e doutra illa non ten nada que ver.

Nesta liña, explicou que "todos os cambios previstos mellorarán a futura orde de usos e actividades". Do Campo remarcou que se busca "combinar o interese turístico crecente desta zona coa protección dos notables valores e recursos naturais que concentra".

Vista aérea do illote Areoso
Vista aérea do illote Areoso | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta