O aeroporto de Santiago fai un simulacro de atención a familiares en caso de accidente aéreo

O obxectivo é avaliar a constitución das salas para familiares das vítimas, falecidas, feridas ou ilesas no sinistro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

A Xunta participou este mércores nun simulacro de atención a familiares en caso de accidente aéreo no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, co obxectivo de avaliar a constitución das salas para familiares das vítimas, falecidas, feridas ou ilesas no sinistro.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu a este simulacro que "permitiu o ensaio das comunicacións, a activación das salas e procedementos, e a filiación de familiares e ilesos para a detección de posibles deficiencias e a proposta as melloras".

Nesta liña, a Xunta explicou que a normativa, en previsión dun accidente o aeroporto, conta cunha persoa responsable de atención a vítimas e familiares, así como o deber de acondicionar unhas salas para a súa atención e para dar información. Ademais, a compañía aérea debe facilitarlle a lista de pasaxeiros do voo afectado á persoa de contacto (PECO) da Xunta para a súa distribución a diferentes órganos.

Desta maneira, no exercicio simulouse un accidente en pista durante a manobra de aterraxe dun avión cun total oito persoas a bordo, no que houbo dous feridos leves. Así, subliñaron que neste caso o aeroporto activaría o seu Plan de Autoprotección e desde a Xunta activaríase o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 2 e o Plan Sectorial de Asistencia a Vítimas.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta