A TVG é a canle líder en Galicia e tamén entre o resto de cadeas autonómicas

Consegue un share do 17,8%, superando en 2,1 puntos á seguinte canle

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

Os datos da primeira onda do Estudo Xeral de Medios sinalan á Televisión de Galicia como a canle líder na comunidade e tamén entre as canles autonómicas. En concreto, TVG consegue unha cota do 17,8% no conxunto da semana, segundo os datos do Estudo, o que lle dá un claro liderado nas audiencias, con 1,8 puntos máis que o seguinte competidor.

Tal e como recollen os datos, os galegos elixen a súa televisión autonómica á hora de informarse. Concretamente, na franxa informativa da sobremesa, cos informativos 'Galicia Noticias' e 'Telexornal mediodía', a TVG obtén unha cota do 27%. Así mesmo, entre as televisións autonómicas, Televisión de Galicia é a canle con máis share, cunha cota do 17,8%, superando en 2,1 puntos a seguinte canle.

Por días da semana, destacan as cotas de pantalla conseguidas por TVG os luns (20,2%), os martes (18%), os sábados (18,4%) e os domingos (19,6%). Na franxa de noite, desde as 20,00 horas, a TVG tamén lidera en Galicia, especialmente os luns (18,8%), domingos (17,1%) e martes (16,3%).

Pola súa banda, o conxunto das emisoras de Radio Galega chegan a 146.000 persoas diarias de luns a venres e a 138.000 de luns a domingo, segundo os datos desta primeira onda do EGM 2023. Con respecto á onda anterior, trátase dun incremento do 3,55% no período de luns a venres e do 1,47% no conxunto da semana.

Radio Galega achega a estes datos 129.000 oíntes diarios de luns a venres e 122.000 de luns a domingo, sendo a única radio xeneralista de Galicia que crece en todos os períodos de medición, tanto de semana como de fin de semana.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, na entrevista no 'Bos Días' da TVG. CRTVG
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, na entrevista no 'Bos Días' da TVG. CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta