O Parlamento galego insta ao Sergas a incorporar roborts para as cirurxías

A Cámara reclama a cobertura de persoal no centro de saúde da Baña e no CAMF de Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2023 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores co voto a favor de PP e PSdeG, e coa abstención do BNG, unha proposición non de lei para instar ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a avanzar na incorporación de robots para cirurxías.

Trátase dunha iniciativa debatida este mércores na Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego da Cámara, rexistrada polo Grupo Popular. En concreto, o texto aprobado insta á Xunta a "continuar avanzando na incorporación" ao sistema sanitario de "equipos tecnolóxicos punteiros de cirurxía robotizada". Ademais, a PNL reclama que se incida "agora naqueles que dean soporte e mellores prestacións a profesionais e pacientes nas intervencións de cirurxía traumatolóxica".

OUTRAS PROPOSTAS APROBADAS

Outra das propostas aprobadas na Comisión 5ª, neste caso por unanimidade, reclama á Xunta que cubra as ausencias de persoal do centro de saúde da Baña (A Coruña). É unha PNL do Grupo Socialista que, no seu texto resolutivo, pide concretamente cubrir "de inmediato" a praza de matrona e o servizo de Pediatría neste municipio.

A terceira iniciativa aprobada, co 'si' do PP (grupo proponente) e BNG, e o 'non' do PSdeG, reclama á Xunta que se dirixa ao Goberno central para resolver a "falta de persoal" no centro de atención a persoas con discapacidade física (CAMF) de Ferrol, de titularidade estatal. Neste contexto, a proposta reclama ao Goberno que dote ao centro de postos fixos para reducir a contratación temporal e renovar as infraestruturas.

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 19 de abril de 2023.. PARLAMENTO DE GALICIA
Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 19 de abril de 2023.. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta