Colectivos contrarios aos eólicos advirten que "atascarán" a Xunta e os xulgados con recursos

Entidades de Ordes e As Mariñas acusan á Xunta de "usurpar" información sobre proxectos eólicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Representantes de colectivos e asociacións veciñais da comarca de Ordes e As Mariñas rexistraron no edificio administrativo de San Caetano unha petición formal para ser recibidos pola Xunta, á que acusan de "usurpar" información á cidadanía sobre a implantanción de proxectos eólicos.

Estas plataformas reclaman que o departamento de Industria cumpra coa súa obrigación de dar trámite de audiencia de iniciativa propia en cumprimento do artigo 37.5 da Lei de Medio Ambiente.

Acusan á Xunta de "saltarse" a lei e de "tirar para adiante como pitos sen cabeza" na tramitación de parques eólicos, na que "cada vez que dan un paso ou toman unha decisión, cheira máis e o bolo vai crecendo".

Así, advertiron que "ao final" a xustiza "porá a cada quen no seu sitio". "Xa atascamos os rexistros coas alegacións (aos proxectos de parques) e agora atascaremos os xulgados coas denuncias se non paran esta barbarie", indican os colectivos nun comunicado conxunto.

Varias vacas pastan xunto a un aeroxerador eólico no Parque eólico de Montouto, da Serra do Xistral
Varias vacas pastan xunto a un aeroxerador eólico no Parque eólico de Montouto, da Serra do Xistral | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta