Os novos contratos de helicópteros da Xunta: 68 millóns para catro aeronaves do 061 e Salvamento Marítimo

Rueda di que houbo seis penalizacións de 200.000 euros e outra en tramitación a Babcock pola inoperatividade de helicópteros de Salvamento Marítimo.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/04/2023 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

A Xunta xa ten listo dous novos contratos para os servizos de helicópteros do 061 e de Salvamento Marítimo. Dous contratos que suman 68 millóns de euros e que chegan nun momento no que adxudicatario destes servizos, a empresa Babcock --agora Avincis-- e que foi mercada polo fondo de investimentos Ancala Partners, está baixo a picota. De feito, o Parlamento galego aprobaba hai uns días, co apoio de todos os grupos, de investigar os incumplimentos do contrato dos helicópteros de Salvamento Marítimo da xunta.

Helicóptero Pesca 2
Helicóptero Pesca 2 | Fonte: TWITTER SALVAMENTO MARÍTIMO

O presidente galego destou este xoves que os dous novos contratos aumentarán, precisamente, as horas e os requisitos dos helicópteros que presten estes servizos para evitar casos como os que teñen acontecido de incumplimentos do prego de contratación. O propio Rueda apuntou, a preguntas de Galicia Confidencial, que desde o 2017, o Goberno galego abriu seis penalizacións por valor de 2000.000 euros e ten outra en tramitación por mala xestión nos helicópteros contratados, principalmente, pola inaoperatividade dalgúns deles. 

SERVIZO DE SALVAMENTO MARÍTIMO

Así, o novo contrato para as aeronaves de Salvamento Marítimo estipula un acordo de servizo de 24 horas durante os 365 días do ano e, segundo Rueda, cambiar os dous helicópteros actuais por outros máis modernos e fabricados despois do 2015. Teñen que ter velocidade máxima de máis de 150 nús e capacidade para catro tipulantes e doce persoas, facer rescates a 180 millas de distancia e autonomía mínima de catro horas. O actual contrato finaliza o 31 de outubro e o novo terá un valor de 58 millóns e unha duración de catro anos.

Por outra banda, o contrato para os helicópteros do 061 tamén ampliará o número de horas efectivas de servizo destas aeronaves de 800 a 850 horas anuais e aumentan a experiencia mínima dos pilotos. Custará 10 millóns e tamén obriga o adxudicatario a ter tamén unha aeronave de reserva. A Xunta tamén valorará no concurso que se ofreza ampliar os horarios de servizo para prestar servizo entre a saída e a posta do sol.

PENALIZACIÓN A BABCOCK

Con todo, o presidente galego evitou a pregunta de se empresas como Babcock-Avincis estarán penalizadas no novo concurso tras as irregularidades cometidas no actual contrato e os problemas laborais que xurdiron na execución do servizo contratado. "Cando se pacta unha adxudicación hai que cumplila. E o que pasa agora vai pasar no futuro indpendentemente de quen sexa o adxudicatario", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta