Os galegos gastaron 100 euros menos esta Semana Santa respecto ao ano anterior

Foi de 313 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2023 | Actualizada ás 10:24

Comparte esta noticia

O gasto medio dos galegos durante a pasada Semana Santa situouse nos 313 euros, unha cifra menor á do ano anterior, que fora de 414 euros, segundo os resultados do último zoom do Observatorio Cetelem, publicado este venres.

Ademais, o gasto medio dos galegos foi lixeiramente inferior á media nacional, que alcanzou os 330 euros, segundo este estudo realizado a partir dunha enquisa en liña entre un milleiro de maiores de 18 anos de idade.

Un 15,2% dos consumidores enquisados manifestou gastar máis neste período vacacional, pero a maior porcentaxe é o de quen afirmaron facer o mesmo desembolso, cun 49,5% das respostas. Respecto dos que realizaron un menor gasto, a porcentaxe creceu ata o 35,4%. Entre quen indicaron que gastaron menos, o 74,3% achacouno á inflación.

Descansar e quedar con amigos é ao que dedicaron o seu tempo en Semana Santa o 67,7% dos galegos que participaron no estudo. Saír de restaurantes, cun 33,3%, e ir de compras, con un27,3%, figuran nas seguintes actividades máis realizadas.

Numerosos vehículos circulan pola autovía A-3 no inicio da Semana Santa
Numerosos vehículos circulan pola autovía A-3 no inicio da Semana Santa | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta