Eólica Así Non! rodeara este domingo a Xunta para protestar "contra o espolio eólico e enerxético'

Os colectivos que forman parte da plataforma esixen a inmediata paralización duns 150 expedientes eólicos que a Xunta de Galicia aínda mantén en tramitación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2023 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A plataforma Eólica Así Non! fixo este venres un chamamento para acudir o domingo, 23 de abril, a Santiago de Compostela e participar na manifestación contra a política eólica do Goberno galego. Baixo o lema “Rodeamos a Xunta. Non á depredación macroeólica especulativa”, as persoas asistentes acordoarán o edificio administrativo de San Caetano.

Manifestación convocada pola plataforma 'Eólica se, pero non así', na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela.
Manifestación convocada pola plataforma 'Eólica se, pero non así', na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela.

A mobilización coincide coa data límite establecida pola normativa vixente para outorgar a autorización previa aos proxectos eólicos promovidos en Galicia con declaración de impacto ambiental favorable.

Neste sentido, a coordinadora fai un chamamento especial ás plataformas de veciños e veciñas afectadas e a todo tipo de colectivos e entidades críticas co actual modelo depredador da enerxía eólica a manifestar a súa repulsa aos 77 proxectos eólicos con declaración de impacto ambiental positiva, cuxa aprobación podería ser inminente.

Desde Eólica Así Non! exixen ao Executivo galego que denegue as autorizacións das ducias de macroparques eólicos aos que a Consellería de Medio Ambiente xa outorgou permiso ambiental o pasado mes de xaneiro e demanda a inmediata paralización duns 150 expedientes eólicos que a Xunta de Galicia aínda mantén en tramitación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta