O PPdeG aprecia "mellor acollida" aos candidatos nestes comicios que durante a etapa de Feijóo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2023 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que as expectativas da súa formación para as eleccións municipais "son mellores" que nos comicios anteriores.

Preguntado sobre esta cita electoral nunha rolda de prensa ofrecida este luns, o dirixente popular asegurou que "en liñas xerais" aprecia "unha mellor acollida aos candidatos do PP" nos actos de precampaña nos que participou.

"En xeral, aprecio unha mellor acollida e, por tanto, que as expectativas ante estas eleccións son mellores do que eran nas anteriores eleccións", sostivo, en alusión aos anteriores comicios nos que aínda estaba Alberto Núñez Feijóo dirixindo o partido en Galicia.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante ao acto de presentación dos candidatos ás eleccións municipai
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante ao acto de presentación dos candidatos ás eleccións municipai | Fonte: César Argina- Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta