Galicia volve a ter máis de 1.000 casos activos de Covid

Hai cinco pacientes na UCI

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Galicia rexistra un total de 1.003 casos activos por covid, con cinco pacientes en unidades de coidados intensivos (UCI), segundo o último parte facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18,00 horas do mércores.

Do total de casos, --que supoñen un ascenso respecto ao dato facilitado o mércores, día 26, cun total de 951-- 198 corresponden á área da Coruña; 122 á de Lugo; 138 á de Ourense; 106 á de Pontevedra; 185 á de Vigo; 167 á de Santiago e 86 á de Ferrol. Dos pacientes positivos, cinco están en UCI e 125 en unidades de hospitalización, con outros 873 pacientes en domicilio, segundo o último parte.

Por áreas sanitarias, na da Coruña, hai 26 persoas ingresadas en planta e unha en UCI; na de Ferrol, son 17 en unidade convencional e unha en UCI; en Lugo, nove e unha, respectivamente; 25 e ningunha, no caso de Ourense; en Pontevedra, 12 en planta e ningunha en UCI; en Santiago, 21 hospitalizados e ningún en UCI; mentres que en Vigo son 15 e dous, respectivamente.

Por outra banda, nas últimas horas abríronse 82 novos casos por covid, dos que 21 son da Coruña; sete da de Ferrol; Lugo, nove; dez en Ourense; sete en Pontevedra; 11 en Santiago e 17 en Vigo.

En canto ao número de pacientes falecidos sitúase en 4.135. Mentres as persoas curadas elévanse, desde o inicio da pandemia, a 693.684 e as doses de vacina administradas a 7.645.897.

Unha muller vacinase da cuarta dose de Pfizer en Santiago de Compostela /Álvaro Ballesteros / Europa Press
Unha muller vacinase da cuarta dose de Pfizer en Santiago de Compostela /Álvaro Ballesteros / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta