A RAG convoca unha nova edición da Primavera nas Letras para levar a figura de Fernández del Riego ás escolas

O concurso estará aberto ata vindeiro 7 de maio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2023 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega premiará os proxectos escolares realizados sobre a figura de Francisco Fernández del Riego, autor ao que a institución lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, 17 de maio, no marco da sétima edición de 'Contádenos o voso Día das Letras'.

Segundo explican nun comunicado, o concurso estará aberto ata o próximo 7 de maio para os centros de ensino que impartan infantil e primaria e do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo. As bases poden consultarse en primaveradasletras.gal, a páxina web da RAG dirixida ao público máis novo na que se encadra esta iniciativa.

Primavera das Letras ofrece desde 2016, co apoio da Deputación da Coruña, "unha xanela dixital desde a que o profesorado e as familias poden acceder a recursos lúdicos e didácticos para achegar aos mozos á figura que cada ano protagoniza o Día dás Letras Galegas".

O intelectual Francisco Fernández del Riego, a quen se dedica este 2023 o Día das Letras Galegas
O intelectual Francisco Fernández del Riego, a quen se dedica este 2023 o Día das Letras Galegas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta