Achan o cadáver dun home no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras

Non se saben aínda as causas do falecemento.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 28/04/2023 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun home de 43 anos apareceu na tarde do xoves flotando na auga nas proximidades do Paseo do Malecón no municipio do Barco de Valdeorras, informou o 112 Galicia.

Trátase dunha persoa indixente e o seu corpo foi trasladado para realizarlle a autopsia, indicaron a Europa Press fontes da Garda Civil. Ata o lugar acudiron, entre outros, os Bombeiros de Valdeorras, a Policía Local e a Garda Civil, que recibiu o aviso sobre as 20.15 horas do xoves.

Malecón do Barco de Valdeorras
Malecón do Barco de Valdeorras | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta