Caos na A-52 en Verín por unha ovella que correu durante 3 km en sentido contrario sen que houbese incidentes

Fíxose cargo do animal un pastor do lugar esperando que apareza o dono.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2023 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

Unha ovella preñada provocou o caos circulatorio na A-52 ao correr durante tres quilómetros en sentido contrario á circulación, á altura de Ábedes, en Verín.

Segundo informou a Garda Civil, unha patrulla do destacamento de Verín, en motocicleta, logrou parala e mentres un dos motoristas retardaba a circulación, o outro a ía guiando pola beiravía con seguridade ata unha saída próxima.

Fíxose cargo do animal un pastor do lugar esperando que apareza o dono.

Unha ovella provoca o caos na A-52 (Verín) ao correr durante 3 km en sentido contrario, aínda que non deixa feridos. GARDA CIVIL
Unha ovella provoca o caos na A-52 (Verín) ao correr durante 3 km en sentido contrario, aínda que non deixa feridos. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta