Rueda contrapón a presenza dun Feijóo, "arroupado" fronte a Sánchez que veu "pola porta de atrás" a Galicia

Dixo estas plabras nun acto de presentación da candidata 'popular' ao Concello de Guntín, María José Gómez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2023 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participou este domingo na presentación da candidatura de María José Gómez á alcaldía de Guntín, onde contrapuxo a presenza de Núñez Feijóo, "arroupado" e de Sánchez, "pola posta de atrás", en Galicia.

Sobre a candidata, Rueda asegurou que María José é "unha muller todo terreo que é alcaldesa, mestra, nai e por encima de todo unha namorada de Guntín". Puxo ademais ao municipio como exemplo de "ese rural galego que, sen perder as súas tradicións e sen renunciar ao seu pasado, sempre mira ao futuro e aposta por mellorar a calidade de vida dos seus veciños".

O presidente do PP galego tamén se referiu a a romaría popular organizada polo partido ese sábado no Pino. Respecto diso sinalou que "Alberto Núñez Feijóo está sempre arroupado e rodeado de xente cando vén a Galicia, mentres que Pedro Sánchez ten que entrar pola porta de atrás".

Nesta liña, pediulle ao presidente do Goberno "máis responsabilidade" cando pensa que Galicia "non merece a pena" e cando "se sorprende de que Núñez Feijóo fose presidente do Goberno galego durante máis dunha década". "Que veña a Galicia e a sitios como Guntín para entendelo e ver o apoio que ten o PP", comentou.

Pola súa banda, a candidata puxo en valor ao seu equipo, que considera "representativo da realidade do municipio" e no que ten un peso importante o sector gandeiro, como no propio municipio, xa que nove membros da lista son titulares de explotacións --a propia Maria José Gómez ten unha gandaría de leite--. Afirmou que se trata dunha lista "pensada para gobernar e para traballar por e para Guntín con experiencia, ganas, enerxía, honestidade e humildade".

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo (c), o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (d) e o candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Borja Verea (2i), na Romaría do PPdeG, na área recreativa da Magdalena, a 29 de. César Arxina - Europa Press
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo (c), o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda (d) e o candidato do PP á Alcaldía de Santiago, Borja Verea (2i), na Romaría do PPdeG, na área recreativa da Magdalena, a 29 de. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta