Xulgan un axente da Policía Nacional acusado de quedar un teléfono móbil durante a investigación dun roubo

Aproveitando a desorde xerada na investigación, sinala Fiscalía, un dos policías "fíxose de modo subrepticio cun dos terminais móbiles que quedaran alí", valorado en 722 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/05/2023 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro mércores, día 3, a un axente da Policía Nacional acusado de subtraer un teléfono móbil aproveitando que se atopaba investigando un roubo producido nunha tenda da cidade.

Segundo o escrito de acusación, o axente, xunto a un compañeiro, acudiu a un establecemento de telefonía o 16 de xullo de 2017, despois de ser alertados pola encargada da tenda de que sufrira un roubo. A muller contou aos axentes que fora subtraído un "elevado número de teléfonos móbiles". Os policías empezaron entón a inspección do local de forma autónoma, dado que a muller, pola súa condición de axentes, "estaba convencida da súa honestidade".

Aproveitando a desorde xerada, sinala Fiscalía, un dos policías "fíxose de modo subrepticio cun dos terminais móbiles que quedaran alí", valorado en 722 euros, e "quedou con el coa convicción de que, dada a cantidade de aparellos aparentemente subtraídos, a responsable do comercio pensaría que formaba parte dos que inicialmente se levaron" no roubo.

As investigacións policiais permitiron localizar as terminal semanas despois en poder doutra persoa, da que non existe constancia de que coñecese a súa orixe ilícita. Ata ela, apunta o fiscal, "chegou tras usalo o acusado uns días".

O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito de furto e pide para o axente 15 meses de prisión con suspensión para o exercicio de funcionario do Corpo Nacional de Policía. Reclama tamén que devolva á tenda os 722 euros do terminal.

Audiencia Provincial da Coruña
Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta