'Con-vivencias acompañando na crianza': xornadas para familias en Allariz

Desenvolveranse no Concello de Allariz do 5 ao 15 de maio e están organizadas a través da área de Benestar Social.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 03/05/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Estas xornadas para familias xorden como un espazo de encontro entre familias do noso concello, un espazo de con-vivencia, no que compartir coñecementos, experiencias e momentos” explicaban na presentación Maribel Poisa e Uxía Fernández, concelleira de Benestar Social e educadora familiar do Concello de Allariz, respectivamente.

Presentación das I Xornadas para familias, Maribel Poisa e Uxía Fernández. Foto: Comunicación Concello de Allariz.
Presentación das I Xornadas para familias, Maribel Poisa e Uxía Fernández. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional das Familias, o 15 de maio, estas xornadas para familias comprenden unha serie de actividades como obradoiros, contacontos, concerto e relatorios nas que as familias podan acompañar ás crianzas no seu crecemento.

"Con-vivencias acompañando na crianza" poñen o foco no acompañamento á cativada da casa no seu crecemento valorando aspectos como: as olladas que podemos ter cara as crianzas, as cousas que hai en xogo,  a aposta polos saberes compartidos e polos espazos de participación familiar...

En calquera caso, o apoio e acompañamento das familias xunto coa diversidade de cada unha delas --das crianzas e da crianza en si mesma-- é un dos obxectivos principais desta primeira edición.

PROGRAMACIÓN AO DETALLE 

Venres 5 de maio

17:30 INAUGURACIÓN DAS XORNADAS. Presentación por parte de Maribel Poisa Rey, concelleira de Benestar Social e Uxía Ferrnández Cordeiro, Educadora Familiar.

CHARLA-COLOQUIO: ACOMPAÑANDO NA CRIANZA.

Ponente: Uxía Fernández Cordeiro. Educadora Familiar do Concello de Allariz.

Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.

18:00 O CUCO. PERCUBEBÉS. Con Marcelo Dobode e Bea Martínez.

Conto e obradoiro musical dirixido a crianzas de 0 a 3 anos.

Lugar: Xardín do Fogar dos Maiores. Duración: 40´

Sábado 6 de maio

11:00-12:30 RIMAS CON MOVEMENTO.

”Psicoloxía evolutiva: o desenvolvemento do triple vínculo con Rimas en Movemento de Tamara Chubarovsky”

Imparte: Raquel Penín Devesa. Psicóloga e psicopedagoga

Obradoiro para familias con crianzas de 0 a 6 anos.

Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.

Inscrición previa nas dependencias do Fogar dos Maiores ou no 988 55 40 59 / 683 61 46 91

Haberá servizo de canguraxe para quen o precise, avisar con antelación.

Mércores 10 de maio

17:00-19:00 PONENCIA: CRIANZA, NORMAS E LÍMITES. ESTRATEXIAS PARA LOGRAR UN EQUILIBRIO.

Ponente: Cristina Reigosa Fernández. Orientadora educativa

Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.

Haberá servizo de canguraxe para quen o precise, avisar con antelación.

Venres 12 de maio

17:30-19:30 FAMILIAS EN MOVEMENTO: OBRADOIRO PARA ACOMPAÑAR E CON-VIVIR.

Imparte: Nuria Sotelo. Bailarina e coreógrafa

Obradoiro para familias con crianzas de 4 a 10 anos.

Lugar: 2º andar do Fogar dos Maiores.

Inscrición previa nas dependencias do Fogar dos Maiores ou no 988 55 40 59 / 683 61 46 91

Luns 15 de maio. FESTA DO DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS.

17:30 PIQUENIQUE, ven merendar en familia!

18:00 FESTA DAS FAMILIAS!

PETER PUNK PALLASO. Chungo que te cagas. Actuación de circo, malabares, humor e clown ... para todas as familias

Lugar: Xardín do Fogar dos Maiores

Duración: 50´

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta