Temas: FOLGA FORTA DATOS TVG

A TVG presume de audiencia en abril a pesar das xornadas de folga

Di que tivo un 10% de audiencia, un punto e medio por encima das canles da FORTA.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia obtivo en abril unha cota de audiencia do 10% co que acumula nos catro primeiros meses do ano unha media do 10,5%, iso, a pesar das xornadas de folga que houbo no ente público.

Os datos de Kantar Media difundidos este martes polo ente público revelan que a TVG supera en punto e medio a media das canles autonómicas que compoñen a FORTA.

Así, sulña que melloraron os seus datos o 'Galicia Noticias' (+2,3 durante a semana e +1,8 en fins de semana) e o 'Telexornal Mediodía' (+1,3 de luns a venres e +0,8 sábados e domingos). Outro dos datos destacados polo ente público son as cifras de audiencia en horario de 'prime time', que supera os dous díxitos os mércores, xoves e venres.

Telexornal na TVG
Telexornal na TVG | Fonte: Europa Press

Temas: FOLGA FORTA DATOS TVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta