O candidato do BNG en Ferrol aposta por converter nun parque os terreos do Sánchez Aguilera

Iván Rivas rexeita a proposta de construír vivendas no antigo acuartelamento.

Por E.P. | FERROL | 02/05/2023 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

O candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas, mostrou o seu rexeitamento a construír novas vivendas nos terreos do antigo acuartelamento Sánchez Aguilera, ao asegurar que hai "mil vivendas públicas, nun barrio como Recimil, nunhas condicións de habitabilidade precarias". "O que temos que pensar é en como poñemos en valor todo ese patrimonio, porque o problema son as condicións nas que están, que as fan inhabitables", engadiu.

Así o trasladou na mañá deste martes, 2 de maio, no ciclo 'Conversas no Parador', que organiza o Club de Prensa de Ferrol no Parador de Turismo desta cidade. Rivas detallou que en Ferrol "o 27,8% das vivendas, ou ben están baleiras, ou ben teñen un uso secundario". Por iso, sinalou que non debe pensarse en "construír 460 vivendas no Sánchez Aguilera, no corazón da cidade, cando iso debería de ser un gran parque e un gran pulmón verde".

O tamén actual portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol puxo en valor "as potencialidades" desde o punto de vista do patrimonio e dos recursos ambientais na cidade. Así, dixo, Ferrol ten "capacidade para conectar todos os barrios da cidade con grandes espazos e grandes zonas verdes que permitan percorrela a pé e en transportes sustentables, en bicicleta".

Interior do Sánchez Aguilera
Interior do Sánchez Aguilera

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta