O CSIF esixe a retirada inmediata do XIDE polo "incremento de carga de traballo" na Atención Primaria

O sindicato remitiu senllos escritos ao conselleiro, Xullo García Comesaña, e á directora de Recursos Humanos do Sergas, Ana María Comesaña Álvarez.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2023 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) esixe ao Sergas a retirada inmediata do novo plan XIDE (xestión integral de demanda en equipo) de xestión de citas dos profesionais de Atención Primaria, xa que, segundo denuncia, supón "un incremento importante da carga de traballo nos centros de saúde".

O sindicado remitiu senllos escritos ao conselleiro, Xullo García Comesaña, e á directora de Recursos Humanos do Sergas, Ana María Comesaña Álvarez, para que "dea marcha atrás" na implementación deste programa, "que comezou como programa piloto pero a día de hoxe xa está instalado en todos os centros de Galicia".

"Os profesionais que traballan en Atención Primaria do Sergas arrastran un importante déficit de persoal desde antes da pandemia, coa pandemia incrementouse, polo que é inadmisible que se incrementen as tarefas sen incrementarse os persoais", censura.

Ademais, CSIF advirte tamén de que o XIDE "vulnera a privacidade e intimidade dos usuarios", posto que "en moitas ocasións os pacientes ven obrigados a elevar o ton de voz para comunicarse e explicar determinados detalles da súa enfermidade".

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nunha reunión telemática cos responsables das unidades docentes de Atención Primaria.. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, nunha reunión telemática cos responsables das unidades docentes de Atención Primaria.. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta