Un coche deixa sen luz unha rúa de Cabana de Bergantiños tras chocar cun poste da luz

O conductor tivo que ser hospitalizado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2023 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida ao sufrir unha saída de vía co seu vehículo, que impactou contra un poste da luz e deixou sen luz unha rúa de Cabana de Bergantiños.

O sinistro produciuse minutos despois das 01,30 horas da madrugada deste xoves na estrada AC-429 á altura da Telleira, en Cánduas, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

O condutor do vehículo foi evacuado ao centro médico da localidade cun golpe na cabeza. O coche tivo que ser retirado por un guindastre, xa que se atopaba no medio da estrada obstaculizando a circulación. Pola súa banda, efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais acudiron ao lugar do accidente para limpar o asfalto e sinalizar e apartar o farol derrubado no sinistro.

Foto de arquivo dun accidente ao tombar un coche poste do tendido eléctrico
Foto de arquivo dun accidente ao tombar un coche poste do tendido eléctrico | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta