Galicia recibiu máis de 750.000 turistas en marzo, segundo teléfonos móbiles

Uns 112.500 serían estranxeiros e 150.000 galegos.

Por E.P. | VIGO | 05/05/2023 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Galicia recibiu uns 112.500 turistas estranxeiros e case 640.000 doutras provincias españolas durante o mes de marzo, segundo os datos de posicionamento dos teléfonos móbiles analizados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e feitos públicos este mércores.

Tal como recolle esta estatística experimental do INE, case o 90% dos turistas estranxeiros que visitaron Galicia en marzo procedían do continente Europeo, con máis de 34.080 portugueses, 16.363 franceses ou case 5.000 británicos.

Santiago, A Coruña e Vigo, por esa orde, foron os municipios galegos máis visitados por residentes de Galicia, con 58.175, 53.316 e 43.522 turistas, respectivamente.

Pola súa banda, case 720.000 galegos viaxaron en marzo por España, escollendo como principal destino, despois de Galicia, Madrid, con máis de 75.800 visitantes, así como Castela e León, con case 58.000.

Turistas pasean pola praia das Catedrais, en Ribadeo
Turistas pasean pola praia das Catedrais, en Ribadeo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta