O secretario de Estado de Transportes segue sen concretar datas sobre a chegada dos trens Avril a Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2023 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

secretario de Estado de Transportes, David Lucas, evitou pór unha data á chegada dos Trens Avril, pero si asegurou que será "canto antes". Nunha entrevista concedida a Cadena Ser Galicia e recollida por Europa Press, Lucas lembrou que os trens están suxeitos ás probas de homologación. "Unha vez homologados, poderemos dar unha data. Esperemos telos canto antes. Pero é importantísimo ter ese procedemento, é imprescindible garantir a seguridade", comentou.

Fronte ás críticas da Xunta, reivindicou que "quen levou o AVE a Galicia e quen fixo todo o posible por sacar proxectos dos caixóns" foi o Goberno de Pedro Sánchez. Sobre a reconstrución do viaduto da A-6, lembrou que as obras "dependen de decisións técnicas que expertos do Ministerio van achegando". "Ten que priorizarse iso. O resto é moito ruído. A decisión política e a dotación económica é clara", afirmou.

Apuntou ademais a previsión é que estea aberto en sentido Madrid este ano, e o outro sentido a finais de 2024. Matizou ademais que unha vez se renovase a circulación cara á capital do país, poderá circularse nas dúas direccións. "Non se prevén atrasos, os traballos vanse desenvolvendo correctamente", matizou. Aseverou ademais que "non hai constancia" de que poida repetirse un derrube como o do viaduto do Castro. "Foi un feito excepcional e illado. Pero imos seguir traballando para garantir a seguridade en todos os puntos", apuntou.

Tamén respondeu a cuestións sobre o corredor atlántico, respecto ao que remarcou que o Goberno fixo "un esforzo enorme porque, entre o destinado dos Orzamentos Xerais e o Plan de Recuperación, son 4.100 millóns de euros os asignados, unha cifra similar á do corredor mediterráneo". Sobre as críticas vertidas polo Goberno galego á falta de vontade política a este respecto, concedeu que "é lícito facer ruído, estar sempre criticando os investimentos que se fan e que este Goberno recuperou e que outros Gobernos non tiveron a sensibilidade de pór en marcha".

"Este Goberno sempre estivo aberto á cooperación institucional, ao diálogo conxunto. O obxectivo do comisionado, como o do resto do Ministerio, é impulsar o corredor e esperamos contar coa colaboración da Xunta para ese fin", aseverou. En canto á relación actual entre Xunta e Goberno estatal, Lucas desliza que "haberá que preguntarlle ao Goberno galego". "Pero desde aquí non hai ningunha tensión. Sempre estivemos na mesma liña de cooperar e colaborar sobre todo cando estamos a facer un esforzo investidor tan grande", insistiu.

"Estamos a facer o posible ademais por implantar actuacións a bo ritmo, a pesar das críticas. Non hai ningún problema coa Xunta desde a nosa parte. Esperemos que en Galicia se entenda así tamén", incidiu.

Arquivo - David Lucas. GOBERNO DE ESPAÑA - Arquivo
Arquivo - David Lucas. GOBERNO DE ESPAÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta