Nós Televisión, cada vez máis cerca de achegar a cultura galega a todos os fogares

Os clientes de ToxoTelecom, A túa xanela, Juifi, Pizpireta Telecom, Rural Galego Conectado ou de Cigalia xa poden ver Nós Televisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/05/2023 | Actualizada ás 21:17

Comparte esta noticia

Nós Televisión, a canle de cultura e lingua galega, acaba de asinar un contrato con +Media mediante o cal póderase sintonizar esta canle as 24 horas do día con ToxoTelecom, A túa xanela, Juifi, Pizpireta Telecom, Rural Galego Conectado ou con Cigalia.

Onde ver Nós Televisión
Onde ver Nós Televisión | Fonte: Nós Televisión

A canle, Nós Televisión presume, no seu décimo aniversario, da súa condición de medio independente, conformodo exclusivamente por profesionais da comunicación, e de ser o medio de comunicación galego privado con máis subscritores na súa canle de youtube.

De cara ao futuro, o obxetivo deste medio é seguir negociando con outras compañías e plataformas para poder chegar a todos os fogares posibles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta