Sabes cal é o concello galego con máis vivendas turísticas?

Nin é Santiago, nin Vigo, nin A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2023 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

As vivendas turísticas incrementáronse nun 16,4% no último ano en Galicia, con datos ata febreiro de 2023 que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), que sitúan o total en 14.775.

Delas, o 18,3% (case dous de cada 10) correspóndese con tres municipios: Sanxenxo (Pontevedra), con 1.072 vivendas turísticas; Vigo, con 953; e A Coruña, con 683. A continuación sitúanse outros concellos como o de Santiago de Compostela, que dispuña de 480 vivendas turísticas en febreiro de acordo coas cifras do INE; O Grove, con 407 e Ribeira, con 262.

En canto ás prazas que supuñan este total de vivendas turísticas, pasaron a ser 78.069, fronte ás 68.563 de febreiro de 2022, isto é, un 13,9% máis. As prazas por vivenda turística pasaron así a alcanzar as 5,28, o que supón un descenso fronte ás 5,40 do mesmo mes do ano anterior.

Decreto vivendas turísticas. EUROPA PRESS - Arquivo
Decreto vivendas turísticas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta