Doa sangue, as reservas de 0- e B- están baixas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) fai un chamamento á doazón de sangue, tras constatar que ten en nivel baixo as reservas dos tipos 0 negativo e B negativo.

Ademais, segundo traslada a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) nun comunicado, están en nivel normal os grupos A+, A- e 0+; mentres que só os B+, AB+ e AB- están nun bo nivel.

Para poder atender a todos os pacientes que, por calquera motivo, precisan unha transfusión, o Sergas estima que son necesarias unhas 500 doazóns diarias. Así, o sistema sanitario fai unha chamada á poboación para que se achegue a calquera dos puntos fixos de doazón, así como ás unidades móbiles que ao longo da próxima semana --a excepción do mércores, festivo polo Día das Letras Galegas-- percorrerá o catro provincias.

Unidade de doazón de ADOS en Galicia
Unidade de doazón de ADOS en Galicia | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta