Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 11:59
Os usuarios de transporte urbano por autobús subiron un 19,8% en marzo en Galicia respecto ao mesmo mes do ano anterior, de modo que o total situouse en 5.314.000 viaxeiros, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Mentres, o número de pasaxeiros aéreos en España incrementouse un 25,9% o pasado mes de marzo, ata superar os 3,5 millóns, segundo os datos da estatística de Transporte de Viaxes publicada este xoves, que destaca tamén un incremento do 76,4% nos ferrocarrís de media distancia, con máis de 4 millóns de viaxeiros, e do 7,8% nos de Alta Velocidade, ata 1,8 millóns de viaxeiros.
Máis de 476,9 millóns de pasaxeiros utilizaron o transporte público en España o pasado mes de marzo, un 20,8% máis que no mesmo mes do ano 2022. O transporte urbano aumentou un 21,5% en taxa anual e o interurbano fíxoo un 24,7%. Dentro do interurbano, destaca especialmente o incremento do 34,5% no transporte marítimo.
INCRECEMENTO DO TRANSPORTE MARÍTIMO
Os datos do INE mostran que máis de 135,6 millóns de viaxeiros utilizaron o transporte interurbano en marzo, o que supón un incremento do 24,7% respecto ao mesmo mes de 2022. Por tipo de transporte, o marítimo creceu un 34,5%, por ferrocarril un 29,5%, o aéreo un 25,9%,e por autobús un 20,4%, segundo o INE.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.