Bugallo asegura que sae a "gañar" sen "límites" e cre que a campaña "decisiva"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2023 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela e candidato do PSOE á reelección, Xosé Sánchez Bugallo, asegurou este xoves que sae a "gañar" as eleccións municipais do próximo 28 de maio, comicios para os que non se pon "límites" nunha campaña electoral será "decisiva".

"Non hai outro obxectivo intermedio nin diferente que o de gañar as eleccións", afirmou para recoñecer que non gañar sería un fracaso. "Se non gaño as eleccións, indubidablemente non podería estar contento", sostivo. Así se pronunciou este xoves en declaracións aos medios tras participar nun acto xunto ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Preguntado polo arranque da carreira cara ás urnas, o socialista, que esta noite estará acompañado por Formoso e polo ministro de Sanidade, José Miñones, na pegada de carteis, sostivo que a campaña será "decisiva" como xa o foi a dos comicios de 2019, que permitiron un "reconducción do rumbo" na cidade.

Así mesmo, argumentou que nestas eleccións preséntanse "modelos moi distintos". "Vexo que hai modelos baseados en sacar coellos do chapeu, modelos moi baseados na mercadotecnia pero bastantes baleiros de contido e eu espero que os cidadáns valoren todas esas cousas e saiban distinguir", afirmou.

O candidato socialista ás municipais de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto á súa número dous, Mercedes Rosón, no local de campaña.
O candidato socialista ás municipais de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto á súa número dous, Mercedes Rosón, no local de campaña. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta