Junior e Valentina, os burros que piden á RAE que elimine a acepción pexorativa desta palabra

A granxa na que vivien destaca a súa "intelixencia e astucia".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/05/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os protagonistas, Junior e Valentina, dous burros da granxa Casa Grande de Xanceda, piden á Real Academia Española que retiren a acepción pexorativa da palabra burro mediante un vídeo-petición e defenden que grazas a súa "intelixencia e astucia" non se rexistran, na granxa ecolóxica, ataques de lobos dende 2008.

burros Casa Grande Xanceda
burros Casa Grande Xanceda | Fonte: Casa Grande Xanceda

Ademáis, esta granxa celebra que finalmente Whatsapp engadira a emoticona do burro despois de solicitalo en 2017 e de organizar unha campaña chamada "Vaia burrada!". Para celebralo e comunicarllo a Junior e Valentina, doarase unha cenoira á protectora de burros A.N.D.R.E.A por cada persoa que use esta emoticona nas redes co vídeo da celebración.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta