A creación de empresas crece un 3% en Galicia no que vai de ano

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2023 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Galicia rexistra a creación de 1.514 empresas no primeiro cuadrimestre de 2023, o que supón un 3% máis que no mesmo período de 2022, segundo o Estudo sobre Demografía empresarial realizado por Informa D&B. Este crecemento en Galicia é inferior aos datos para o conxunto do Estado, onde se computa un incremento do 11%.

Construción e actividades inmobiliarias e comercio son os dous sectores con máis actividade creadora desde o comezo do ano na comunidade galega, con 284 e 350 constitucións cada un. Por provincias, A Coruña contabiliza 656; Lugo, 129; Ourense, 143, e Pontevedra os 586 restantes.

No entanto, en abril o número de novas empresas rexistradas en Galicia cae un 20%, de forma que quedan en 302, mentres que o global de constitucións en España ascende un 6%.

Empresa da construción
Empresa da construción | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta