Os Premios DígochoEu buscan asentarse na súa segunda edición

A gala decorrerá na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/05/2023 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O DígochoEu da CRTVG celebra este martes na Cidade da Cultura de Santiago a súa gran festa de fin de curso. Alí coñeceranse os gañadores do II Premios DígochoEu entre os finalistas deste concurso de vídeos en galego, que recibiu máis dun centenar de propostas de centros escolares de toda Galicia.

Máis de 700 nenos e nenas de 20 centros escolares acudirán á entrega dos premios, que nesta segunda edición ampliáronse a tres galardóns para educación primaria e tres para secundaria. Tamén se farán públicos os premios de 'Unha Canción para Esther' e dous Premios Especiais do Xurado.

O evento, que estará conducido polos xornalistas Esher Estévez e Carlos Amado, contará coa participación dos escolares e tamén con música. Así, subiranse ao escenario o cinco finalistas do concurso 'Unha canción para Esther' e ademais interpretaranse algúns dos temas de 'Digochiño', a mascota do programa, que estreará a súa propia canción, creada polos grupos infantís galegos Xeración M e As Xeitosas.

Nesta segunda edición dos galardóns inclúense seis premios en dúas categorías: en educación primaria, un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de 200 euros. E en educación secundaria, un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300euros e un terceiro de 200 euros.

Ademais, os Premios do Xurado, aos que concorren vídeos gravados polos propios centros escolares, premiarán dúas propostas, unha para primaria e outra de secundaria. A gala poderá seguirse en directo (17,00 horas) na canle de Youtube da TVG e por crtvg.gal, ademais de emitirse na TVG o día 17 ás 12,00 horas.


O raposo Digochiño, mascota de '#DígochoEu', xunto á presentadora Esther Estévez. TVG
O raposo Digochiño, mascota de '#DígochoEu', xunto á presentadora Esther Estévez. TVG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta