Avogados da Coruña rexeitan a concentración en Santiago dos casos de violencia de xénero de Ribeira

O cambio implicaría unha "xustiza máis lenta e menos eficaz" e un "colapso xudicial nun período de tempo non moi longo".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/05/2023 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

O Colexio de Avogados da Coruña rexeitou á concentración en Santiago de Compostela dos casos de violencia de xénero do partido xudicial de Ribeira xa que advirte que a medida suporía "a perda da competencia dos xulgados de Ribeira en materia civil e penal derivada da violencia de xénero" e engade que isto "prexudicaría directamente ás vítimas", quen terán ao seu instrutor "a 70 quilómetros de distancia".

Xulgados de Ribeira
Xulgados de Ribeira | Fonte: EUROPA PRESS

Destacan, tamén, que "un único xulgado" atendería ás poboacións de Negreira, Santiago, Padrón, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira, o que "razoablemente levará un atraso na tramitación dos asuntos, dando lugar a unha xustiza máis lenta e menos eficaz, coa previsión dun colapso xudicial nun período de tempo non moi longo".

Ademais, nun comunicado, sostén que este partido xudicial de Ribeira conta "cunha importante infraestrutura de protección ás vítimas de violencia de xénero" e engade que "levou que no ano 2022 resolvéronse o 94% dos asuntos ingresados" por esta causa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta