Lores propón transformar o muíño de Os Gafos nun centro de intrepretación tecnolóxico da auga

Con él pretense achegar, ao alumnado, a importancia da agua para o entorno.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/05/2023 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O alcalde e aspirante á reelección de Pontevedra polo BNG, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou este martes o proxecto para a creación dun Centro de Interpretación Tecnolóxico da auga no muíño do río Gafos, de titularidade municipal. Así, funcionaría como un recurso didáctico a usar polo alumnado dos centros escolares do municipio, para achegarse ao mundo da auga e a súa importancia como ben natural.

Río Gafos /Minube/EP
Río Gafos /Minube/EP

Lores engadiu que este Centro de Interpretación tamén tería unha parte tecnolóxica que permitirá coñecer a tempo real o consumo da auga, a capacidade de almacenamento ou a calidade dos recursos naturais no municipio.

"Temos un proxecto avanzado, é o compromiso para este próximo mandato e daremos os pasos para convertelo nunha realidade", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta