Deteñe unha empregada de fogar por presuntamente roubar varias xoias en distintas vivendas

Os axentes policiais recuperaron as alfaias substraídas.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/05/2023 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Pontevedra detiveron a unha empregada de fogar como presunta autora da subtracción de varias xoias, en vivendas nas que traballaba. Segundo informaron fontes policiais, a muller aproveitaba o acceso ás habitacións en ausencia dos propietarios dos domicilios, e así conseguiu facerse con pulseiras, medallas, aneis, moedas, placas e pendentes de ouro, moitas deles alfaias antigas herdadas.

Tras subtraer as xoias, a muller dedicábase a vendelas (ata un total de 73 pezas) en establecementos de compravenda de ouro da provincia. Tras as pescudas, a Policía conseguiu identificar á suposta ladroa, que foi detida. Así mesmo, levou a cabo un rexistro no seu domicilio, e puidéronse recuperar as xoias subtraídas.

Coche patrulla do 091 fronte á Peregrina, en Pontevedra.. POLICÍA NACIONAL
Coche patrulla do 091 fronte á Peregrina, en Pontevedra.. POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta