A Xunta procura o "benestar laboral" coa nova lei de igualdade de Galicia

Rueda di que se trata de evitar a "discriminación das mulleres" nas empresas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2023 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu luz verde este venres á nova Lei de igualdade de Galicia, un texto que vén actualizar a última normativa de 2007. Son 194 artigos que, en palabras do presidente autonómico, Alfonso Rueda, pretende dar "as mesmas oportunidades e evitar calquera discriminación das mulleres".

"Unha nova cultura empresarial", remarcou, pola súa banda, a conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, encargada de debullar o novo concepto que se incorpora "sustentabilidade social empresarial" ou "benestar" laboral.

Así, Lorenzana puxo o foco na unión entre o ámbito do traballo e a igualdade, un ámbito na que a lei quere fixar a atención para estender estas cuestións desde as grandes empresas ás pequenas, "unha obrigación" de impulso que, dixo a conselleira, ten o Goberno galego. Esta "racionalización" é a suma de regulacións no ámbito do teletraballo, o dereito á desconexión dixital ou a flexibilidade laboral.

"Para que todos os galegos teñan as mesmas oportunidades e evitar calquera discriminación das mulleres", destacou, pola súa banda, Alfonso Rueda, quen tamén explicou que se buscará "previr os ataques sexistas a través das tecnoloxías".

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello da Xunta | Fonte: DAVID CABEZON - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta