Absolven a un pai acusado de abusar sexualmente da súa filla menor por falta de probas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2023 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, absolveu a un pai acusado dun delito continuado de agresión sexual sobre a súa filla, menor de idade.

O tribunal destaca que non resultou probado que, desde que a súa filla contaba con seis ou sete anos de idade e ata que cumpriu o once, aproveitase os momentos en que quedaba ao seu cargo para agredila sexualmente.

Fiscalía pedía dez anos de prisión mentres que a defensa do acusado solicitaba a libre absolución, ao rexeitar a autoría dos feitos que se lle imputaban. O Ministerio Público sostiña que os feitos se produciron cando a menor quedaba ao seu cargo e cando ambos compartían a mesma cama durante esas estancias.

Exterior da Audiencia Provincial da Coruña
Exterior da Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta