O 6% das empresas de Alto Crecemento españolas están en Galicia

As compañías Gacela localizadas na comunidade supoñen preto do 3% do total nacional.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2023 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Existen 540 empresas de Alto Crecemento e 21 Gacela radicadas en Galicia, segundo o Estudo sobre Gacela e Empresas de Alto Crecemento publicado por INFORMA D&B S.A.U. (S.M.E.), (filial de Cesce). Estas cifras representan en cada caso o 6% e o 2,8% do total de empresas destas categorías que existen en España.

Reparto das empresas de Altor Crecemento, Gacela e Grupo de Control respecto ao total da súa categoría - Informa
Reparto das empresas de Altor Crecemento, Gacela e Grupo de Control respecto ao total da súa categoría - Informa

Se temos en conta a súa taxa de representación no tecido empresarial galego (en comparación con empresas similares), o peso das empresas de Alto Crecemento é do 10,6% mentres que o de Gacela mantense no 0,4%.

Madrid é a comunidade onde se sitúan máis empresas de Alto Crecemento e Gacela, con preto do 19% e do 25% do total en cada caso. A continuación sitúase Cataluña, cun 17% de empresas de Alto Crecemento e un 15% Gacelas, e por detrás de Andalucía, cun 14,4% e un 14,8% respectivamente.

DATOS “MOI POR DEBAIXO” DOS DE 2019

O número de empresas de Alto Crecemento e Gacela non recuperou as cifras anteriores á crise sanitaria provocada polo Covid-19, mantense un 17% e un 15% por debaixo en cada caso. A pesar de que se detecta unha mellora entre 2020 e 2021, aínda está moi por debaixo dos datos acadados en 2019.

Construción e actividades inmobiliarias é o sector no que se dedican un maior número de empresas Gacela, un 18,4%, e Alto Crecemento, un 20,9%. Comercio é o segundo para os Gacela, un 15,4%, e o terceiro entre os de Alto Crecemento, cun 18,5%, por debaixo do 19,7% dedicado a actividades industriais.

Tendo en conta o peso que representan dentro do total de cada actividade, a Gacela acadou o 1,8% en Agricultura e o 1,6% en Comunicacións. As de Alto crecemento superan o 20% en Comunicacións e son do 17% en Construción e actividades inmobiliarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta