"Mucha e Nucha" non queren polémicas políticas

Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro argumentan que a súa actuación no acto da Xunta polo Día da Muller pretendía ser unha homenaxe as féminas.

Por Galicia Confidencial | Culleredo | 07/03/2015 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

As Cantareiras de Ardebullo, protagonistas involuntarias do acto da Xunta de Galicia polo Día Internacional da Muller, acaban de pronunciarse sobre a súa polémica actuación. Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro -coñecidos polo éxito na TVG dos seus alter egos Mucha e Nucha- fuxen de leas e "consideran que a polémica política non é cousa súa".

Dúo Mucha e Nucha
Dúo Mucha e Nucha

Os artistas argumentan que na súa actuación do xoves "nin foron nin pretenderon ser protagonistas dun acto no que o realmente importante foi a homenaxe" a unha serie de traballadoras. 

Non opinou igualmente a oposición, pois a deputada do PSdeG Carmen Gallego, cualificou de "mofa" e "insulto" a presenza dos homes artistas disfrazados nun acto que en teoría debería servir de homenaxe ás mulleres. 

Dende a Xunta respondeulle Alfonso Rueda. O vicepresidente do Goberno destacou a "dignidade" coa que o dúo fixo a súa actuación, que considerou apropiada para o Día Internacional da Muller.

Nun comunicado dos artistas, sinálase que "a súa participación no acto do xoves encádrase dentro do seu traballo como actores". 

Acto do Día Internacional da Muller na Cidade da Cultura
Acto do Día Internacional da Muller na Cidade da Cultura

Ademais da citada actuación, no acto institucional rendiuse homenaxe a Inés Abril, chef viguesa que a través da gastronomía propón fantásticas e innovadoras propostas, Idoia Cuesta, capaz cos seus traballos de converter o tradicional oficio da cestería en toda unha tendencia, Myriam Vázquez, internacionalizando a produción da empresa familiar Vinos y Bodegas Gallegas, Verónica Núñez, achegando unha nova forma de consumir a castaña do Courel a través dunha riquísima crema, Virginia Rodríguez, que coa súa marca Xoias a Raspa ten reformulado a arte da xoiería, Cristina Román, responsable da queixería Don Gabino, de Vilalba, e do éxito dunha das marcas máis valoradas da variedade San Simón da Costa, e Elena Ferro, terceira xeración dunha familia de zoqueiros e protagonista dun evidente caso de éxito grazas á adaptación dun oficio tradicional ás novas tendencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Xosé.

Non queren polémicas pero defenden a quen lles dá de comer, é humanamente entendible, pero entón que achanten coas críticas.

1 Xoan22

Onde ves unha defensa do PP no que din? Quen lles dá de comer? Todos. Tanto actúan para Concellos do PP como do BNG ou o PSOE.

2 Losc

Só hai que ver a quen seguen no Twitter... Moito PP-PSOE-AGE..! Podedes comprobalo

1 Liberdade de expresión

PSOE, BNG e AGE queren implantar a censura. Como os que atentaron contra Charlie Hebdo.

1 Arnoia

O PP en cambio quere implantar a cultura. Coma os que din Je Suis Charlie, arruínan teatro e literatura e meten a trata de brancas no PIB. Se Mucha e Nucha se pasaron de simpáticos, que o recoñezan. Os humoristas tamén cometen erros.

2 Eu non son Charlie

Liberdade de expresión, que en realidade non existe no réxime neo franquista do estado expañol, pero non para repetir o discurso enlatado que meten na cachola aos alienados. Internet é unha gran maquinaria de alienación da gran masa de años sen sentido de critica, nin siquer cuestionamiento da maioria da actual sociedade consumista. Ter liberdade para expresarte, mais non vexo liberdade por ningures, se o uneco obxetivo è faltarlle ao respecto a cotío aos practicantes dunha determinada relixión. Só é unha estratexia para dividir as sociedad. coa guinda dos atentados de falsa bandeira, co obxetivo de enervar o etnocentrismo, xustificar o sionismo criminal e as guerras de civilizacións, como medio de percurar a complicidade nas guerras imperialista de latrocinio. Se tanto Al Qaeda, coma o EI, ISIS, grupos takfiris rtc. non son mais que mercenarios drogados ate as cellas do imperialismo otanico.-ionistas e os seus aliados os sátrapas do Golfo.