Cae un grupo criminal que estafou máis de 50.000 euros a un veciño de Padrón

A Garda Civil investigou os feitos para constatar a veracidadde os mesmos e a identificación plena do autor ou autores do ilícito no seu caso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2023 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O Equipo Milladoiro da Comandancia da Garda Civil da Coruña de resposta en materia de Ciberdelincuencia, investigou a catro persoas e desarticulou un grupo criminal que cometía estafas por internet. Sinalan que se trata dun mesmo un grupo jerarquizado con funcións establecidas por cada un dos seus membros (establecer conversación e enganar as súas vítimas, ingresos de diñeiro en contas onde había mulas económicas, etc.).

Tal e como relatan nun comunicado, a investigación KAMEN iniciouse en xaneiro de 2022 por mor da denuncia interposta pola vítima nas dependencias oficiais da Garda Civil de Padrón, comunicando ser vítima dunha estafa a través de internet. Segundo relatou esta persoa, localizara en Internet uns préstamos persoais a bo interese, polo que solicitou un préstamo por valor de 5.000€.

Inmediatamente puxéronse en contacto co denunciante a través de mensaxería instantánea onde lle solicitaban unha serie de datospersonales, así como as claves de acceso da APP do seu banco, coa escusa que serían necesarias para a ingresarlle o préstamo, e dicíndolle que non podería acceder en todo o fin de semana á conta para non obstaculizar o trámite de ingreso do préstamo.

A vítima non se decatou da estafa ata que foi avisado pola súa entidade bancaria de que se realizaron seis transferencias bancarias por un valor total de 51.587€. A Garda Civil investigou os feitos para constatar a veracidadde os mesmos e a identificación plena do autor ou autores do ilícito no seu caso. Como froito do traballo de campo realizado, lograron a identificación plena dos presuntos autores dos feitos, tratándose en total de catro persoas.

Dous residentes en Illes Balears, xefes da ciberestafa, mantiveran as conversacións co denunciante e recibiron máis da metade do diñeiro subtraído. Doutra banda, localizaron en investigaron a dous homes de Badaxoz e Huelva que actuaban como mulas económicas. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Garda da localidade de Padrón na Coruña.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta