Manifestación da Plataforma de Afectados OPE 2019 “ante a inacción da Xunta na resolución dos seus procesos"

Denuncian que tras máis de catro anos de espera, din que aínda non existen prazos para unha resolución destes procesos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/05/2023 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

A Plataforma de Afectados OPE 2019, conformada por opositores e traballadores públicos manifestaranse en Santiago o día 24 de maio ás 11 da mañá diante do Parlamento de Galicia. Fano contra “a inacción da Xunta de Galicia e o seu departamento de Función Pública na resolución dos seus procesos selectivos, convocados no ano 2019 e aínda sen rematar”.

Plataforma de Afectados pola OPE 2019
Plataforma de Afectados pola OPE 2019 | Fonte: Facebook

A Plataforma está conformada polas especialidades de técnico en coidados auxiliares de enfermería, bombeiro forestal, bombeiro forestal condutor de motobomba, emisorista-vixiante, educadores e traballo social. Consideran inaceptable a situación que “está a darse de falta de resolución dos procesos selectivos iniciados aló polo ano 2019”. Denuncian que aínda non existen prazos para unha resolución destes procesos. Isto afecta a máis de 700 persoas que “seguen esperando poder traballar canto antes”.

Asemade, apuntan que os prazos e o tempo corren e isto pode crear un solapamento entre procesos selectivos antigos están a solaparse cos novos das mesmas especialidades. A preparación destes é obrigada ao non ter unha praza garantida de forma oficial nas oposicións celebradas con anterioridade.

Esta situación afecta non só ás persoas que gañen finalmente unha das prazas en xogo, “senón tamén a todo o sistema de listas de contratación temporal que rexen os chamamentos no emprego público de Galicia”. Así, a falta de finalización deste procesos fai que a súa nota non sexa reflectida como mérito nestas listas. Isto último ten un gran peso no seu ordenamento pois “quen máis se esforzou na preparación das oposicións está case sen posibilidade de ser chamado pola inacción da Xunta de Galicia”.

A Plataforma considera a situación como límite dado que a baixa actividade da administración no verán está próxima. Isto fai que todo se poida trasladar a outubro, finais de ano ou para o ano que vén. Ademais da concentración do vindeiro 24 de maio, a Plataforma está a valorar a posibilidade de convocar concentracións semanais e acampar permanentemente en San Caetano en sinal de protesta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta