Así é a economía das cidades galegas: Ferrol a de peor taxa de actividade e Santiago, a de menos paro

A área da Coruña está entre as de maior renda. Lugo, Pontevedra e Vigo están entre as 15 con menor número de fillos.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 22/05/2023 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela conta cunha taxa de paro do 9,2% en 2022, o que a sitúa no top 15 de cidades españolas con menor desemprego, unha clasificación que encabeza Sant Cugat del Vallés, en Barcelona (5,2%).

Este é un dos datos que arroxa o informe Indicadores Urbanos 2023, publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns, no que tamén se observa que a área da Coruña é unha das de maior renda no país, con 13.990 euros, co que ocupa o décimo posto. Este 'ranking' está encabezado pola área de San Sebastián (16.836 euros).

Mentres, as cidades de Lugo, Pontevedra e Vigo atópanse entre as 15 con menor número medio de fillos por muller, con só un. O peor dato é o de San Cristóbal de la Laguna (0,81).

Na estatística obsérvanse máis cidades galegas entre os principais postos de diferentes clasificacións. Así, Ferrol é a cidade con peor taxa de actividade no Estado, cun 50,1%, e Ourense ocupa o 13º peor posto (52,4%).

De novo Ferrol é a de maior idade mediana, con 51,6 anos, seis anos máis que a mediana española (45,1 anos), e só Avilés pasa tamén dos 51 anos. Este indicador mostra a idade exacta que divide á distribución por idades da poboación residente deixando o mesmo número de persoas por baixo e por encima dela.

Igualmente, Ferrol sitúase entre as 15 cidades españolas con menor proporción de estranxeiros, xa que só supoñen o 3,5% do total. A taxa media en España é do 11,7%. No outro extremo atópase Torrevieja (40,7%). Pola súa banda, pódese atopar á área de Vigo como a oitava do país con maior proporción da industria (18,7%) e como a 12º con menor proporción de emprego nos servizos (o 72,8%).

Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela
Un grupo de turistas consulta unha carta na terraza dun bar en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta