GC Aberto
Temas: GALICIA LINGUA

Que é a patria?

Galiza é… Ansia de marusía, Un loureiro no luar, No orballo a chorima, A morriña do mar.

Por Pati | A Coruña | 23/05/2023

Comparte esta noticia

A maioría dos dicionarios defínena como o lugar onde un naceu ou onde un se criou. Noutras palabras: un lugar de orixe externa.

Con todo, podemos ver que disparatada é esta definición, que só serve para excluír categoricamente ás persoas "estranxeiras", se a interpretamos de forma estrita: hoxe en día, a patria sería na maioría dos casos o hospital (como lugar de nacemento), algunha habitación ou mesmo a Internet (como lugar onde un se criou predominantemente).

Só uns poucos dicionarios máis minuciosos definen a patría alternativamente como o lugar ao que un está máis unido emocionalmente, no que un sente como no seu lar. Noutras palabras: un lugar de chegada interior. 

Cando miña nai estaba embarazada de min - en Alemaña, onde nacín e onde me criei -, un día, ao abri-la xanela, sentiu o cheiro da marusía gelega da súa infancia e sentiu unha profunda morriña. Coma se alimentárame desa morriña no seu ventre, coma se esa morriña modelárame epixenéticamente, determinouna o meu estado de ánimo, e dirixiume, máis de tres décadas despois, de volta á terra devanceira do meu vínculo interior: Galiza.

Un galego nace onde queira,

Sendo galego desa maneira!

Que é ese vínculo interior? Que é a patria?

Cando penso en Galiza, sinto, aínda sinto, un sentimento puro similar ao do primeiro amor. E sinto dor ao pensar que Galiza está a morrerse, que as fragas e a lingua galega (unha interesante correlación) están a desaparecer cada vez máis, que a terra está a ser ensuciada, a auga envelenada e o aire contaminado - por xente que quizais se chama a si mesma patriota e por gobernos corruptos que así traizoan á patria.

A miña patria é Galiza. Pero non como unha idea política (Galicia) con todalas súas fronteiras debuxadas na mente da xente. Hai unha lingua interior nesta terra, nestas augas, cuxa expresión son as rías, os loureirais, as fontes, as fragas e máis, que, como correspondencia, daron nas xentes  orixe á lingua galega.

Dise que a lingua galega orixinouse a partir dun latín vulgar: latín, que era falado incorrectamente polo pobo galego. Pero isto é a perspectiva romana.

Dende a perspectiva galega, o latín é imperfecto porque non se corresponde coa lingua interior desta terra. A lingua galega non é un erro, senón unha corrección.

Esta evolución aplícase a moitas linguas. E quen pensa que o castelán (que, coma latín, non corresponde á lingua interna da nosa terra) debe falarse en Galiza porque Galicia pertence politicamente a España, debe darse conta de que a consecuencia lóxica desta opinión é que o inglés (que non corresponde ás linguas internas de España) debe falarse en España porque España pertence politicamente á UE. Ao final, case ningunha rexión do mundo seguiría sendo capaz de expresar aquilo para o que no seu día produciu a súa propia lingua.

A patria dos galegos é a lingua galega.

Non importa se Galiza forma parte politicamente de España ou non. Se España respecta a lingua galega como a UE respecta a lingua castelá, España pode se-la patria política dos galegos. Se non o fai, e en cambio corrompe (ou permite que isto suceda) á Xunta, España non pode se-lo noso fogar.

Sen dúbida, hai moita xente na Xunta que defende sinceramente o galego; pero, sexa causalidade, sexa correlación, o que sucedeu baixo responsabilidade da Xunta é o que non conseguiron os reis católicos, nin a desaparición da lingua escrita nos séculos escuros, nin o franquismo: o galego falado mingua cada vez máis en favor do castelán coma os carballos en favor dos eucaliptos.

A historia da miña familia é unha historia moi galega.

Como consecuencia dunha traxedia familiar, miña nai rapaza tivo que abandona-lo seu lar para gañar diñeiro noutro lugar. O camiño levouna a Alemaña, onde atopou o amor e volveuno a perder, criou a catro fillos sen pai e traballou como enfermeira de anciáns. 

Agora, medio século despois de abandona-la súa terra natal, está a piques de cumprir o desexo do seu corazón: utiliza-lo diñeiro que tanto custoulle gañar para renova-la súa casa natal, antes medio en ruínas. Pero no proceso é aterrorizada repetidamente ata a desesperación por unha veciña: ameazas verbais e físicas (mesmo co coche, que sorprendentemente se lle permite conducir), insultos e graves danos á propiedade e envelenamento do chan e as augas subterráneas por inxentes cantidades de lixo. As súas accións evidencian un estado mental perturbado. Non lla pode culpar diso. A barbarie recae sobre o municipio miñense e o alcalde, o cal só se preocupa daqueles cidadáns dos que obviamente espera obter un beneficio persoal, pero simplemente ignora a todo o pobo demais. E os tribunais locais están tan sobrecargados que crearon un medio eficaz de manter afastados do xulgado a quen busca protección e xustiza a través dos honorarios do avogado, que a vítima ten que pagar ela mesma en todolos casos con danos materiais inferiores a 400 euros, aínda que o autor fose declarado completamente culpable. Así que en caso de acoso con constantes "delitos leves", só os ricos poden compra-la lei e a orde e a paz no xulgado de Betanzos.

E así, a medida que o seu pelo vólvese máis branco, vexo cada vez máis tristeza e amargura nublando os ollos claros de miña nai.

Se se tratase dun caso illado, apenas habería que mencionalo, pero parece que hai un certo sistema, unha intención política de destruí-la cohesión do pobo galego por medio da barbarie inxectada.

A "Galicia profunda", a "España negra" é agora mesmo coñecida internacionalmente pola súa barbarie e créase a falsa impresión de que o pobo galego sexa bárbaro. Se alguén volve ser asasinado por algun veciño máis ou menos demente, o autor do crime será condenado nos tribunais, mailos verdadeiros criminais - os municipais, os concelleiros, o alcalde, aos que previamente a vítima recorreu en balde en busca de axuda con probas claras - permanecen nos seus despachos. Isto non só ocorre nos solitarios pobos de montaña. Os que poden, amurállanse.

Un ancián culto que ama Galiza pero detesta a corrupción en Galicia e España díxome que, se aínda fose novo, abandonaría a súa terra, iríase a Escandinavia e non volvería. porque aínda que o noso país teña bo xornalismo, nada cambia. Pobre Galicia!

Hoxe, a Galicia política adórnase con Rosalía, pero de feito segue actuando de maneira destrutora que a Rosalía lle desesperaba e que ao final levouna mesmo a apartarse internamente de Galiza. 

É evidente que segue existindo a vontade política de encadear Galiza dende dentro.

Ningún ser humano ten un dereito inherente a xulgar aos demais. Por iso, e porque o Dereito non é unha ciencia exacta, todo xuízo legal é en si mesmo un delito, e só debe facerse como mal necesario para evitar inxustizas maiores, como protexer a unha vítima de acoso, pero tamén para protexer ao autor dos seus propios actos e as súas consecuencias. 

Cada acto ten as súas razóns, deficiencias individuais do autor, como falta de autocontrol, empobrecemento emocional ou mental, que á súa vez teñen causas traumáticas ou xenéticas. Con este coñecemento, é posibel soportar moitas inxustizas que lle suceden a un. As cousas que se destrúen pódense reparar; pódese aprender a deixar que os insultos reboten nun e mesmo se pode utiliza-la inxustiza contra un para fortalece-la personalidade e a capacidade de comprensión. Con todo, dependendo do ben que un consígao, unha presión sistémica constante para sufrir pode facer que un perda a empatía polos autores e os perpetradores dos actos. Este é o caso cando un chama a alguén "malo". Este termo sempre enche o baleiro que xorde cando a empatía se desvanece; e chama a algo que destrúe toda humanidade: o desexo de vinganza.

Desgraciadamente, as políticas galegas promoven precisamente esta perda de empatía, que vai da man da perda de cultura. A perda de empatía é o maior mal que lle pode ocorrer á humanidade, porque da empatía pode xurdir todo de novo; mais sen empatía non pode xurdir nada en absoluto. A cultura é o seu espello. A nosa máxima cultura é a nosa lingua. A lingua galega. Pero non porque herdarámola como un obxecto. Non podemos levala como levarmos un chapeu. Debemos levala activamente dentro de nós, como levamos dentro o noso corazón palpitante. E debemos saber que o corazón de Rosalía latexa no noso - tal  coma o do no nosso próximo.

Si, a miña patria é Galiza. A política galega non o é. 

Mais quero quedarme, ter esperanza. 

Quero pechar un anel que rompeu cando traxicamente meu avó morreu.

 Nos versos introdutores hai algúns termos que só existen en galego/portugués. Non é tan importante que aparezan no noso vocabulario (como estranxeirismos tamén poderían), senón que a nosa lingua tivo a necesidade interna e inherente de producilos:

marusía - cheiro específico do mar na beira

luar - claro de lúa

orballo - choiva fina, case néboa

chorima - flor de toxo e xesta

morriña - saudade profunda e dolorosa que se manifesta lonxe da patria

 Poderíase entender superficialmente que tal poema significa que o autor ou lector ansia pola marusía galega e ten morriña do mar galego.

Maila lectura galega verdadeira é outra: Galiza é a ansia cal a marusía ten. Galiza é a morriña que o mar ten dela. Lévaas o vento e a choiva por toda a súa terra.

Patricio Garrido Hoffmann

Temas: GALICIA LINGUA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cada vez que vexo algunha escenas de As Bestas ou lembro a realidade do crime de Santoalla penso que en Galicia perdemos todos o tino e a boa razón discursiva. Semella que logo de ir traballar polo mundo 50 anos un cando volve á Terra é considerado estranxeiro e nin siquerea lle recoñecen o dereito de paso... O mundo dos Concellos está en mans de catro picapleitos baratos e o illamento dos vellos vólvese perigoso para quen queira habitar esta Terra ! A patria non sei, pero os Dereitos sí sei que cada día desaparecen e ninguén é quen de recuperalos... Agás as Multinacionais e os seu Avogados !