Por E.P. | PONTEVEDRA | 23/05/2023 | Actualizada ás 13:44
A CIG acordou suspender a folga que convocara para esta semana, entre as 00,00 deste mércores --esta medianoite-- e ata as 23,59 do venres, no transporte sanitario da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
Así o aprobou este luns unha asemblea celebrada pola noite, coa confianza de que nos próximos días a empresa concesionaria do servizo, Ambulancias Civera SL, os chame para negociar e alcanzar un acordo.
Con todo, segundo ratifica a Europa Press o delegado da CIG, Xabier Aboi, mantense por agora, salvo que haxa pacto, a convocatoria prevista para a próxima semana: haberá folga o xoves 1 e o venres 2 de xuño e volverase indefinida a partir do mércores 7.
Os traballadores confían en que "a partir de mañá", este xoves, a empresa chame a unha reunión. O conflito chega despois de que, segundo asegura Aboi, a concesionaria "incumpre todo" o contrato que mantén co Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.