Galicia recibirá 37,8 millóns para Atención Primaria e 2,3 millóns para saúde mental procedentes do Goberno

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros aprobou este martes, a proposta do Ministerio de Sanidade, a asignación de 37,8 millóns de euros a Galicia para Atención Primaria, destinados a mellorar infraestruturas e equipamentos, así como 2,3 millóns para saúde mental. En total, aprobouse unha transferencia de 38,5 millóns de euros ás comunidades e cidades autónomas

No caso de Primaria, distribuiranse 580 millóns de euros ás comunidades autónomas e a Ceuta e Melilla para modernizar e mellorar os máis de 13.000 centros de saúde e consultorios que xa existen en España e financiar con esta partida novas salas de fisioterapia, radiodiagnóstico e urxencias "que evitarán esperas, saturación ou desprazamentos innecesarios", apunta o ministerio.

O ministro de Sanidade, José Miñones, informou de que o Plan de Mellora de Infraestruturas de Atención Primaria (MINAP) contribúe a "garantir a igualdade entre todas as persoas", como "ferramenta decisiva para achegar os servizos esenciais á cidadanía en todo o territorio e, especialmente, naquelas zonas máis afectadas polo despoboamento".

O Plan MINAP forma parte do Plan de Acción de Atención Primaria e Comunitaria 2022-2023, aprobado no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS). Xunto co Plan de Transformación Dixital de Atención Primaria e o Plan Bucodental, a partida aprobada este martes eleva a 1.092 millóns de euros o investimento do Goberno para reforzar a Atención Primaria, a través de transferencias efectuadas ás comunidades autónomas entre 2022 e 2023.

O ministro de Sanidade, José Miñones, intervén durante unha rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros
O ministro de Sanidade, José Miñones, intervén durante unha rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta