28M PSdeG: Formoso acusa ao PP de "facer política embarrando"

Ve a Rueda e a Feijóo "nerviosos" coas eleccións.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/05/2023 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, fixo un chamamento a exercer un voto masivo polo proxecto socialista este domingo, día 28 de maio, para "abrir un novo tempo de ilusión" en Galicia, un país que "leva tempo desmoralizado e rendido".

O mandatario socialista fixo estas declaracións nun encontro cos veciños da parroquia de Landoi, no concello de Cariño. Segundo indicou, esta forma de facer "política de calidade, a política de altura", percorrendo "cada recuncho do país" para "concretar os soños dos galegos" é o que diferencia aos socialistas dos populares.

Considera que o PP "fai política embarrando", incorporando debates alleos na campaña galega, como no caso das listas de Bildu, porque asegura que os populares "pensan que embarrando todo aquilo que nunca van gañar nas rúas, podendo gañalo nos xulgados".

En referencia a unhas palabras dos populares de que vían a Abel Caballero nervioso polas eleccións en Vigo, Formoso replicou que de ser así "Como de nervioso estará Rueda en Santiago?".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González  Formoso, en Cariño (A Coruña)
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en Cariño (A Coruña) | Fonte: PSDEG - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta