O director xeral da CRTVG asegura que a información sobre as multas a Baltar foi "correctamente tratada"

Alfonso Sánchez Izquierdo afirma que a cobertura "foi ampla, abarcou os diferentes momentos do estado procesual" e "recolleu os aspectos máis relevantes deste caso".

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 24/05/2023 | Actualizada ás 19:08

Comparte esta noticia

O director xeral da Corporación Radio e Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, defende que as multas ao presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, por exceso de velocidade é unha "información correctamente tratada" na CRTVG.

Na comisión parlamentaria de control da CRTVG, a deputada socialista Noelia Otero denunciou que a noticia acerca de que Baltar conducía a 215 quilómetros por hora emitiuse no Telexornal do pasado 26 de abril "despois de media hora" de comezar informativo e na sección de sucesos, non na de política.

De feito, reproba que se emitiu despois de "unha noticia sobre tráfico en Torrevieja", a pesar de que os principais medios facíanse eco do sucedido na sección de política. Ademais, lamenta de que só se informaba de que "Tráfico multou a un coche oficial da Deputación de Ourense".

Así, Otero reprobou que o "delito penal contra a seguridade viaria" de circular a 215 quilómetros por hora "non foi un feito puntual", "un descoido sostido durante moitos quilómetros e facendo uso dun coche oficial". Tamén afeou que na escaleta do pasado martes non foi incluída a noticia de que Baltar foi multado por segunda vez no mesmo traxecto.

En resposta, Sánchez Izquierdo esgrimiu que os informativos da CRTVG "informaron e seguen informando" das sancións a Baltar. Pon de exemplo que se falou o 26 de abril no Bos Días, o Telexornal Mediodía e o Telexornal Serán. Igualmente, apunta que se abordou o 28 de abril con declaracións do propio Baltar e xa en maio no relativo á situación do xuízo rápido.

Por tal motivo, afirma que a cobertura "foi ampla, abarcou os diferentes momentos do estado procesual" e "recolleu os aspectos máis relevantes deste caso". "Considero correcta a cobertura ofrecida na CRTVG", asevera

PROTESTA Á CHEGADA DE SÁNCHEZ IZQUIERDO

Precisamente, este mércores un grupo de traballadores da CRTVG protestou ante o Parlamento, polo lado da rúa Ramón Piñeiro, onde demandaron a dimisión de Sánchez Izquierdo á chegada en coche do director xeral á Cámara.

A propia Noelia Otero lembroulle a Sánchez Izquierdo que os 'Venres negros', nos que se denuncia "manipulación" na televisión e radio públicas, cumpren esta semana cinco anos. Os berros de protesta dos manifestantes escoitáronse durante a intervención do director xeral no Parlamento.

O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante un paseo polo municipio de Xinzo de Limia, a 23 de maio de 2023, en Xinzo de Limia, Ourense, Galicia (España). Este acto enmárcase de face ás próximas eleccións municipais e autonó. Agostime - Europa Press
O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, durante un paseo polo municipio de Xinzo de Limia, a 23 de maio de 2023, en Xinzo de Limia, Ourense, Galicia (España). Este acto enmárcase de face ás próximas eleccións municipais e autonó. Agostime - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta