FAC-USO denuncia que no parque do Carballiño había o venres só dous bombeiros en servizo

Explican que neste parque, que atende a 20 municipios, "debería haber un xefe de equipo e outros dous profesionais máis"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2023 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) denunciou a "pasividade" dos responsables do Consorcio Provincial de Incendios de Ourense.

Segundo explican nun comunicado, este venres, o parque do Carballiño, que atende a 20 municipios das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, contaba con só dous bombeiros prestando servizo "cando debería haber un xefe de equipo e outros dous profesionais máis".

"Esta situación, provocada pola incapacidade temporal que sofre un dos traballadores, non foi solucionada nin pola Presidencia, nin tampouco pola Xerencia do Consorcio, debido a que non hai director técnico, porque presentou a súa dimisión hai pouco máis dun mes e medio", aclaran.

É por isto que desde a federación cuestionan que, "habendo dispoñibilidade por parte do persoal", os responsables do Consorcio "non fosen capaces de resolver a situación". Unha "pasividade", insisten, "que pode pór en risco tanto á cidadanía como aos propios profesionais que prestan, baixo mínimos, este servizo de emerxencias".

Bombeiros de Asturias traballan no incendio dos concellos de Valdes e Tineo
Bombeiros de Asturias traballan no incendio dos concellos de Valdes e Tineo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta