Falece un home de 76 anos mentres esperaba para votar en Ourense

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/05/2023 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Un home de 76 anos faleceu este domingo mentres esperaba para votar nun colexio electoral de Ourense. En concreto, en Eiroas, segundo confirmou a Subdelegación do Goberno a Europa Press.

Ao parecer, o home comezou a sentirse indisposto mentres facía cola para participar nas eleccións municipais nunha mesa do CEIP Covadonga, en Eiroas. A pesar dos intentos por reanimalo, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Debido a este suceso, o peche do colexio electoral atrasouse durante 50 minutos, que foi o tempo que estivo parada a votación.

Ambulancia nunha emerxencia no rural galego
Ambulancia nunha emerxencia no rural galego | Fonte: A. Chamadoira

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta