Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2023 | Actualizada ás 17:26
CIG-Saúde critica que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) busque "saltarse as listas de contratación" co seu programa de recambio xeracional de médicos especialistas, ao ofertar contratos de tres anos a MIR que acabasen este mes de maio a súa formación para garantir a cobertura de xubilacións.
"Isto hai que facelo respectando o pacto de selección temporal", advirte a central nacionalista, que reclama que estes nomeamentos se oferten a través das listas de contratación e que se abra "un prazo excepcional" para que estes residentes que concluíron a súa formación se poidan anotar nas mesmas.
Este programa, que anunciou oficialmente a semana pasada o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, consiste na contratación de 60 MIR para garantir a cobertura de facultativos especialistas que se prevé que se xubilarán nos próximos anos. Con todo, a CIG reprocha que non se bote man das listas e que o Sergas "non presente os datos de xubilacións nin as xustificacións das prazas a ofertar", a pesar de que llo solicitou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.