Aparecen máis coches danados na vía pública en Cambados

Fontes da Garda Civil apuntan "uns trece ou catorce denuncias" en relación con estes feitos ocorridas durante a madrugada deste martes. Polo momento, descoñécese a autoría dos mesmos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2023 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

Máis dunha ducia de coches aparcados na vía pública no municipio pontevedrés de Cambados volveron a aparecer con danos nas carrozarías. Neste caso, ocorreu nas zonas do Pombal e Ribeira de Fefiñáns.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, hai "un trece ou catorce denuncias" en relación con estes feitos ocorridos durante a madrugada deste martes. Polo momento, descoñécese a autoría dos mesmos.

Así, tal e como se aprecia en fotografías difundidas en redes sociais, os vehículos foron asperxidos con algún tipo de líquido corrosivo que, como consecuencia, provocou grandes danos nas carrozarías.

Un axente da Garda Civil
Un axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta